Nova no Duvi sobre o primeiro encontro
Nova no Diario da UVigo sobre o primeiro encontro da Comuniadade de Accións e Saberes Arredor do Rural o 7 de maio de 2021.
Podes consultar a acta do encontro.
Comunidade de Accións e Saberes
Nova no Diario da UVigo sobre o primeiro encontro da Comuniadade de Accións e Saberes Arredor do Rural o 7 de maio de 2021.
Podes consultar a acta do encontro.
A Comunidade de Accións e Saberes Arredor do rural é unha plataforma onde nos xuntamos persoas que vimos de colectivos rurais moi diversos e persoas que vimos do eido docente, maioritariamente universitario, e tamén de áreas de coñe-cemento moi diversas.Xuntámonos para aproximar mundos afastados e para visibilizar o medio rural coma un lugar de oportunidade para desenvolver futuros profesionais e vitais, xustos e sostibles.Neste libro recollemos algunhas experiencias de como o tentamos argallar, facendo uso da Aprendizaxe-Servizo como estratexia, para que o estudantado formen parte de proxe
Neste artigo compártense as reflexións recollidas de dúas conversas telemáticas levadas a cabo no inicio da Comunidade, nas que discutimos sobre ruralidade, desenvolvemento e educación, e sobre os motivos e labores de cada unha das nosas organizacións.
Aquí atópase un artigo borrador en portugués, que non chegou a ser publicado, a versión publicada, en inglés, pode atoparse en: https://aipublications.com/ijreh/issue-detail/vol-7-issue-5/
No IV Encontro da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural, Adela de Undergraund colectiva creou estes xeniais relatoramas sobre algunhas das intervencións que deixan ver que hai realmente implicación e creatividade nos azos desta comunidade.
Mil grazas a Adela polo seu bo facer.
Nunha iniciativa coordinada pola profesora e decana da Facultade de Comunicación, Emma Torres, máis dun centenar de estudantes da materia Estratexias de comunicación publicitaria traballaron ao longo deste cuadrimestre cunha serie de entidades que, como explica, teñen en común o desenvolvemento de “iniciativas de carácter social”, pero que centran a súa acción en ámbitos “moi diversos”, desde a protección do territorio e o desenvolvemento sostible, ata iniciativas de comercio xusto ou culturais.
Este setembro presentamos O vento no horizonte das nosas aldeas, unha unidade didáctica integrada sobre o impacto dos polígonos industriais de xeneradores eléctricos.
Esta unidade didáctica é unha proposta da Asociación Rural Contemporánea á Comunidade de Saberes e Accións Arredor do Rural.
Sabemos que a natureza é o noso fogar?, que pasa cando estrañamos o fogar?, se
Dentro do proxecto do Laboratorio Mutante da Ecoloxía dos Saberes, a Cooperativa Outonía realizou varios encontros de proxectos e entidades que teñen moito que aportar á loita contra o cambio climático.
Aquí atopas vídeos cheos de persoas e ideas mutantes:
Educación Mutante para unha vida vivible.
Espazos de produción e consumo mutantes.
Emerxencia climática e alternativas que permiten mutar.
Aquí compártense as exposicións presentadas na sesión da tarde do III Encontro de Axentes Socioeducativos da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural.
No III Encontro de Axentes Socioeducativos da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural puidemos reunir a diferentes colectivos sociais que traballan pola sustentabilidade atendendo ó medio rural.
A asociación Sachos á Rúa veunos falar do seu traballo na agroecoloxía e o consumo responsable, así como as diferentes formacións que levan a cabo, Somosterra estivo para falarnos das súas propostas no marco do impulso da transición socioecolóxica, ó tempo que Outonía nos compartiu os seus diferentes proxectos tamén relacionados coa sustentabilidade rural.