III Encontro ArredordoRural-Mostra da mañá
No III Encontro de Axentes Socioeducativos da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural puidemos reunir a diferentes colectivos sociais que traballan pola sustentabilidade atendendo ó medio rural.
Comunidade de Accións e Saberes
No III Encontro de Axentes Socioeducativos da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural puidemos reunir a diferentes colectivos sociais que traballan pola sustentabilidade atendendo ó medio rural.
Aquí compártense as exposicións presentadas na sesión da mañá do III Encontro de Axentes Socioeducativos da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural.
Neste, recóllense as seguintes exposicións:
O laboratorio Mutante para a ecoloxía dos saberes (LM) é unha iniciativa que combina os medios tecnolóxicos, analóxicos e participativos. Coa intenteción de xerar unha serie de espazos e experiencias que promovan a concienciación da poboación moza en torno á loita contra o cambio climático. Con obxectivo de diversificar os lugares e formatos de aprendizaxe para contribuir á democratización do coñecemento, o LM propón tres tipos de mecanismos.
Obradoiros experiencais e creativos sobre o abandono do territorio rural.
Neste artigo da Revista Galega de Educación exponse a experiencia dunha materia de secundaria adicada a integrar a educación co manexo do propio territorio e o coñecemento das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.
O 26 de novembro de 2021 a Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural reuniuse nunha xornada na que e puxeron en común proxectos, expectitivas e motivos se falou de futuros pasos a seguir. A continuación relátanse as notas de algúns dos grupos de traballo e os acordos ós que se chegou na asemblea de peche.
As imaxes que aquí compartimos son esquemas de como as diferentes inquedanzas, preocupacións e propostas das persoas participantes na Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural se relacionan entre sí.
No primeiro caso, relaciónanse as expectativas postas sobre Arredor do Rural coas metas dos colectivos participantes nas conversas.
A Rede ReVOLTA é sen dúbida un referente para a Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural.
Unha acción colectiva e crítica exemplar para iniciar a lavor de revoltar que temos por diante:
Proxecto desenvolvido en colaboración entre o CEP Brea Segade, o movemento veciñal Fousas ao monte e o Proxecto Ríos no que se traballan contidos de educación primaria en relación co coidado medioambiental e o manexo do territorio.
Sen chegar a ser totalmente unha experiencia de aprendizaxe-servizo, posto que non foi pensado como tal, ten unha clara dirección dual de xestión do territorio e de abordaxe de aprendizaxes escolares.
Proxecto interxeneracional de alfabetización dixital, no cal a xuventude se forma en contidos e habilidades para dar o servizo ás persoas maiores. O proxecto inclue tamén a dotación dos telecentros das aldeas de equipamento informático necesario. Tamén se ofertaban actividades de lecer e tempo libre para a mocidade participante, así como espazos de encontro.
Material redactado vinculado ao Centro de Saberes para a Sustentabilidade en colaboración con Seas at Risk no cal se nos convida a pensar e actuar cara o fin da minería como actividade ecolóxicamente insustentable.