Este setembro presentamos O vento no horizonte das nosas aldeas, unha unidade didáctica integrada sobre o impacto dos polígonos industriais de xeneradores eléctricos.
Esta unidade didáctica é unha proposta da Asociación Rural Contemporánea á Comunidade de Saberes e Accións Arredor do Rural.
Hai un ano, dende a asociación comezamos a desenvolver o traballo do grupo de mapas GIS_MonferoDiNON (mapas nos que visibilizar os proxectos de macroeólicos proxectados e en tramitación nas nosas aldeas e territorios), os videos 3D, a campaña Natura2000 vs Eólicos en Galicia, o Informe Macroeólicos Galicia e ofrecendo outros moitos recursos. Partindo dos resultados do INFORME “MacroeólicosGalicia” 👈 e da necesidade de achegar ás escolas o impacto das industrias renovables nas nosas serras e aldeas, puxémonos como obxectivo ter unha unidade didáctica integrada que ofrecer a partires deste curso 2022-2023.
Esta unidade didáctica integrada para Educación Infantil vai acompañada do álbum ilustrado en versión dixital "Unha carta prometedora".
Podes descargar aquí os pdf coa unidade didáctica integrada, O vento no horizonte das nosas aldeas, e mais o álbum ilustrado, Unha carta prometedora.
A unidade didáctica e o álbum ilustrado están feitos para poder compartilos, usalos, melloralos..., baixo unha licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional (CC BY-SA 4.0), así que adiante!
Incluímos este formulario de uso para así saber en que escolas se utiliza e os comentarios que poida haber: Formulario de uso