Comunidade de Accións e Saberes

Plans de Comunicación Estratéxicos

aula chea de estudantado que atende á presentación do plan de comunicación para As Espigadoras
Ámbito de acción
Estado da acción
Ámbito de ensinanza
Participantes
Facultade de comunicación UVigo; As espigadoras; Euroeume; Betula Custodia; Somosterra; CDR Ancares; CDR O Viso; CDR Portas Abertas; Avoar; Rural Contemporánea

Nunha iniciativa coordinada pola profesora e decana da Facultade de Comunicación, Emma Torres, máis dun centenar de estudantes da materia Estratexias de comunicación publicitaria traballaron ao longo deste cuadrimestre cunha serie de entidades que, como explica, teñen en común o desenvolvemento de “iniciativas de carácter social”, pero que centran a súa acción en ámbitos “moi diversos”, desde a protección do territorio e o desenvolvemento sostible, ata iniciativas de comercio xusto ou culturais.

Divididos en diferentes grupos, o alumnado encargouse do deseño desta “guía para poder actuar a nivel comunicativo a medio e longo prazo”, como sinala Torres.

Nova no Duvi