Comunidade de Accións e Saberes

Accións Multidisciplinares Arredor do Rural-Natureza Itinerante

Sabemos que a natureza é o noso fogar?, que pasa cando estrañamos o fogar?, se
somos capaz de recordar ou recoñecer que somos natureza e o rol que desempeñamos no planeta non é protagonista, senón de equidade con esta, nun camiño que percorremos ao longo da nosa vida, deste xeito lograremos entender que necesitamos non só manter senón estreitar esta relación co paso dos anos. O presente traballo de fin de máster propón a través dunha experiencia itinerante, onde a natureza e as persoas adultas maiores son protagonistas, que os sentidos sexan o vehículo para regresar a aqueles momentos de benestar e con isto reducir as afeccións emocionais por falta de natureza no día a día e a exclusión social que xorde por pertencer á terceira ou cuarta idade, que sen importar onde se atopen ou se contan con algunha característica de mobilidade reducida poidan volver
á natureza e desfrutar dos beneficios que outorga. Se con este achegamento a
representacións da natureza se detona o desexo por volver a casa. Dentro dos recordos que poden evocarse, algúns poderán estar relacionados aos usos e costumes, dando pé á identificación de valores culturais e patrimoniais que ao documentarse poderán estreitar a comunicación interxeracional e o recoñecemento ao valor social e patrimonial
intanxible que se atopa nas persoas maiores ademais de fomentar o aprecio pola contorna natural e transmitilo ás diferentes xeracións.

Ámbito de ensinanza
roteiro