Comunidade de Accións e Saberes

Social

A bacía do Sar en Santiago de Compostela. Unha experiencia de Aprendizaxe Servizo cara a Custodia da Paisaxe

O proxecto tiña un dobre obxectivo, sendo o primeiro dar resposta a unha parte das necesidades expresadas pola Plataforma de Recuperación do Sar en relación co patrimonio inmaterial e ambiental deste territorio. O segundo obxectivo era de natureza académica e buscaba o desenvolvemento por parte dos estudantes das competencias técnicas específicas requiridas na correspondente materia do Grao*, grazas ó traballo aplicado realizado en grupos.

Plans de Comunicación Estratéxicos

Nunha iniciativa coordinada pola profesora e decana da Facultade de Comunicación, Emma Torres, máis dun centenar de estudantes da materia Estratexias de comunicación publicitaria traballaron ao longo deste cuadrimestre cunha serie de entidades que, como explica, teñen en común o desenvolvemento de “iniciativas de carácter social”, pero que centran a súa acción en ámbitos “moi diversos”, desde a protección do territorio e o desenvolvemento sostible, ata iniciativas de comercio xusto ou culturais.

Psicoloxía Social aplicada ao medio rural

O proxecto enmárcase dentro das sesións interactivas da materia de psicoloxía social, fomentando o traballo en grupo para favorecer tanto a discusión sobre a problemática psicosocial como para ampliar o coñecemento que se expón nas sesións teóricas. Nas sesións interactivas “tradicionais” compróbanse as destrezas na aplicación de conceptos relevantes para a disciplina, así como a capacidade de análise e reflexión crítica. Co proxecto, trátase de lograr esas competencias, pero nun entorno aplicado que axude a darlle perspectiva e profundade aos coñecementos adquiridos.