Comunidade de Accións e Saberes

A bacía do Sar en Santiago de Compostela. Unha experiencia de Aprendizaxe Servizo cara a Custodia da Paisaxe

mapa do curso do Sar no seu paso por Compostela
Estado da acción
Ámbito de ensinanza
Participantes
Facultade de Xeografía e Historia da USC; Plataforma do Sar

O proxecto tiña un dobre obxectivo, sendo o primeiro dar resposta a unha parte das necesidades expresadas pola Plataforma de Recuperación do Sar en relación co patrimonio inmaterial e ambiental deste territorio. O segundo obxectivo era de natureza académica e buscaba o desenvolvemento por parte dos estudantes das competencias técnicas específicas requiridas na correspondente materia do Grao*, grazas ó traballo aplicado realizado en grupos.

Conformaranse de oito a dez grupos de estudantes (da materia Tratamento da Información Xeográfica do Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio) e cada grupo escollerá unha temática específica dentro das catro seguintes (Táboa 1), que procura contribuír a un mellor coñecemento do patrimonio inmaterial e ambiental de Sar e que intentará responder aos requirimentos da Plataforma do Sar. Os traballos grupais desenvolveranse orientados a unha futura presentación para a Plataforma do Sar, sendo previamente avaliados e seleccionados por parte do docente.

Selección temática:

  1. Microtoponimia, usos de solo e paisaxe
  2. Prácticas espaciais nos sendeiros das Brañas do Sar e evolución das diferentes barreiras e conexións cos diferentes barrios da cidade
  3. Análise dos riscos e inseguridade no espazo verde das Brañas do Sar dende unha perspectiva de xénero

Este proxecto de investigación permitiu ao alumnado da materia de Tratamento de Información Xeográfica adquirir as competencias técnicas específicas mencionadas anteriormente, así como establecer un diálogo directo e un intercambio de informacións cos residentes e/ou usuarios de dous sectores da bacía do Sar. Ese contacto contribuíu a  que tanto os estudantes como a poboación local coñeza mellor ditos espazos así como propiciar unha reflexión sobre as problemáticas presentes nos territorios considerados: nomeadamente, sobre o peso do ser humano na conformación da dinámica da paisaxe cultural na bacía do Sar e a necesidade de avaliar, ordenar e coidar este territorio.

Con esto, pretendeuse dar resposta a unha parte das necesidades expresadas pola Plataforma de Recuperación do Sar en relación co patrimonio inmaterial e ambiental desta parte da bacía do Sar no Concello de Compostela.

*Competencias técnicas a desenvolver: a observación, recollida, tratamento, representación e interpretación de datos xeográficos; as entrevistas semi-estruturadas e/ou enquisas por cuestionario*