Comunidade de Accións e Saberes

Proxecto interxeneracional

Accións Multidisciplinares Arredor do Rural-Escola rural como escola inclusiva

No marco do proxecto de Aprendizaxe-Servizo, Accións Multidisciplinares Arredor do Rural, un dos proxectos levados a cabo correspóndese cunha intervención educativa de posta en relación do Museo da Capela co CEP Mosteiro de Caaveiro.

Agardamos que poida servir de testemuña do saber recollido pola autora, así como de inspiración para futuro traballo.

Resumo:

Aproveitamento oportunidades do medio rural-Maxisterio

Proxecto xa desenvolt ó longo de dous anos, no que o estudantado de "educación en contextos rurais", materia optativa do grao de mestre/a en educación primaria desenvolveu unha observación participante en diferentes colectivos (o proxecto está aberto á participación de máis) para analizar as oportunidades educativas que ten a súa labor.

Con esa análise desenvolvéronse propostas educativas que traballan na vinculación do currículo co territorio e a comunidade, dotando as aprendizaxes de sentido a través da vinculación co contexto e os problemas vividos.

Pobo escola de O Viso

O pobo escola, pese a non ser necesariamente unha estratexia de aprendizaxe-servizo (pois os e as aprendices non teñen por que facer ningunha achega á comunidade) é unha clara maneira de integrar os procesos educativos no territorio, levando a mirada que aprende cara a realidade inmediata e as persoas coas que se convive.

O de O Viso leva xa anos a cultivar esta mirada, agora estase a actualizar da maneira que aquí nos conta:

Pobo escola O Viso

Conecta Xoven

Proxecto interxeneracional de alfabetización dixital, no cal a xuventude se forma en contidos e habilidades para dar o servizo ás persoas maiores. O proxecto inclue tamén a dotación dos telecentros das aldeas de equipamento informático necesario. Tamén se ofertaban actividades de lecer e tempo libre para a mocidade participante, así como espazos de encontro.

conecta xoven