VIVIR DO AIRE? segue a estela do traballo xa iniciado por O vento no horizonte das aldeas, que elaborara unha unidade didáctica integrada para o traballo sobre os macroeólicos en educación infantil.
Neste caso, o traballo elaborado por Carolina Basanta Val, Iker Pita Peña e Diego Pollán Díaz ofrece unha ferramenta para educación primaria, con especial énfase no último ciclo, e que segue a mesma teima de dar dereito ás crianzas de ser informadas, formarse unha opinión e comezar acción sobre unha realidade socioambiental que afecta tanto ó seu futuro.
Tipo de publicación
Arquivo
Ámbito de acción