Aquí compártense as exposicións presentadas na sesión da mañá do III Encontro de Axentes Socioeducativos da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural.
Neste, recóllense as seguintes exposicións:
- A colaboración que o alumnado de educación en deporte da UVigo fixo con Outonía no marco do Laboratorio Mutante da Ecoloxía dos Saberes.
- O estudo sobre o discurso público e actitudes cara o medio rural que o alumnado de psicoloxía da USC fixo a petición e coa axuda da Asociación Avoar e moitos outros colectivos
- O traballo realizado en colaboración entre o alumnado do Mestrado de estudos da literatura e a cultura e o Grao de paisaxe da USC respecto a pensar a produción e consumo de proximidade como nexo nas relacións entre urbano e rural.
- O proxecto multidisciplinar de traballos finais de grao con modalidade aprendizaxe-servizo no que se presentaron en concreto aqueles de ciencias económicas: finanzas dunha entidade economía social e desenvolvemento económico endóxeno do medio rural.
Ámbito de ensinanza