Tipo
A discusión colectiva sobre a práctica, como é de esperar, será tremendamente diferente dependendo da intervención e aprendizaxe que se está a facer.
Con todo, aquí hai algunhas ideas que se poden ter en conta respecto a como proceder e a os contidos a abordar.
Sobre como proceder, é importante ou recomendable que:
- Haxa algunha persoa encargada de promovela.
- Na discusión participen diferentes tipos de axentes.
- Se faga de maneira contigua xa sexa ás sesións de aula ou á actividade de intervención.
- Haxa diferentes puntos concretos a tratar.
- Se promova a participación de tódalas persoas.
Sobre puntos a tratar, poden ser interesantes:
En que medida pensamos que estamos a cumplir o que viñemos a facer.
- Se xurden novos obxectivos ou temas que non estaban planteados nun inicio.
- Que problemas atopamos.
- Que oportunidades ou vantaxes inesperadas atopamos.
- Como nos sentimos durante o noso facer.
- Que necesidades atopamos.
- Cales son os seguines pasos que nos propoñemos.