Comunidade de Accións e Saberes

Economía

Oficios para Sempre

O alumnado da materia historia ambiental (no Mestrado en Dirección de Actividades Educativas na Natureza), xunto ca asociación As Espigadoras e ca axuda da profesora An a Cabana Iglesia, desenvolveron unha investigación sobre os oficicios tradicionais, relacionándoos co manexo do territorio e o seu valor comunitario, para dar con esta obra documental que podedes ver na canle de youtube da asociación: vídeo

 

 

A Aprendizaxe-Servizo no eido do desenvolvemento local

Este é un proxecto que acontece fora do plano rural pero que pode dar ideas para trasladar a medios rurais.

O Concello de Santiago de Compostela iniciou a elaboración da súa Axenda Urbana, proceso que leva a reflexionar sobre o modelo de cidade. A Estratexia de Desenvolvemento Urbano, Sostible e Integrado de Santiago de Compostela recolle distintos proxectos relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Este proxecto de aprendizaxe-servizo é un acercamento á cidadanía sobre eses proxectos e unha reflexión coa comunidade con eles.