Comunidade de Accións e Saberes

Divulgación de saberes

Accións Multidisciplinares Arredor do Rural-Aula na natureza

No marco do proxecto de Aprendizaxe-Servizo, Accións Multidisciplinares Arredor do Rural, un dos proxectos levados a cabo correspóndese coa versión piloto e proposta de ampliación da utilización da aula na natureza que Fousas ao Monte ten co CEP Xose María Brea Segade, no marco do proxecto Máis ca Leña.

Agardamos que poida servir de testemuña do saber recollido pola autora, así como de inspiración para futuro traballo:

Resumo:

Psicoloxía Social aplicada ao medio rural

O proxecto enmárcase dentro das sesións interactivas da materia de psicoloxía social, fomentando o traballo en grupo para favorecer tanto a discusión sobre a problemática psicosocial como para ampliar o coñecemento que se expón nas sesións teóricas. Nas sesións interactivas “tradicionais” compróbanse as destrezas na aplicación de conceptos relevantes para a disciplina, así como a capacidade de análise e reflexión crítica. Co proxecto, trátase de lograr esas competencias, pero nun entorno aplicado que axude a darlle perspectiva e profundade aos coñecementos adquiridos.

Campaña #SerMutante

O laboratorio Mutante para a ecoloxía dos saberes (LM) é unha iniciativa que combina os medios tecnolóxicos, analóxicos e participativos. Coa intenteción de xerar unha serie de espazos e experiencias que promovan a concienciación da poboación moza en torno á loita contra o cambio climático. Con obxectivo de diversificar os lugares e formatos de aprendizaxe para contribuir á democratización do coñecemento, o LM propón tres tipos de mecanismos. 

  • Obradoiros experiencais e creativos sobre o abandono do territorio rural. 

Aproveitamento oportunidades do medio rural-Maxisterio

Proxecto xa desenvolt ó longo de dous anos, no que o estudantado de "educación en contextos rurais", materia optativa do grao de mestre/a en educación primaria desenvolveu unha observación participante en diferentes colectivos (o proxecto está aberto á participación de máis) para analizar as oportunidades educativas que ten a súa labor.

Con esa análise desenvolvéronse propostas educativas que traballan na vinculación do currículo co territorio e a comunidade, dotando as aprendizaxes de sentido a través da vinculación co contexto e os problemas vividos.

Pobo escola de O Viso

O pobo escola, pese a non ser necesariamente unha estratexia de aprendizaxe-servizo (pois os e as aprendices non teñen por que facer ningunha achega á comunidade) é unha clara maneira de integrar os procesos educativos no territorio, levando a mirada que aprende cara a realidade inmediata e as persoas coas que se convive.

O de O Viso leva xa anos a cultivar esta mirada, agora estase a actualizar da maneira que aquí nos conta:

Pobo escola O Viso