No proxecto de “Accións multidisciplinares integradas Arredor do Rural” contemplamos unha avaliación do “coñecemento e cohesión entre as diferentes partes (profesorado-alumnado-colectivos)”, así como a “intención de futura colaboración”.
Para avaliar isto barallamos facer medidas de diferentes opinións e percepcións antes e despois da colaboración a través da aprendizaxe-servizo.
Pensamos que isto é algo interesante a compartir coa xeralidade da comunidade neste encontro do 26, co cal pedimos que:
1-Respondas as preguntas que consideres axeitadas, coas que estés dacordo.
2-Modifiques, como consideres (elimines, cambies, engadas...) para axeitar o cuestionario ao que crees que debería ser.
Este modelo de formulario intenta ser igual para tódalas partes (estudantes, profesorado e persoas de colectivos).